Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fracasa o segundo intento de sacarlle o arpón ao golfiño Manoliño

Fracasa o segundo intento de sacarlle o arpón ao golfiño Manoliño

O persoal da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) adía a misión ata dispoñer de novos medios

G24.gal 01/11/2022 20:16 Última actualización 01/11/2022 20:26

Segundo intento, e novamente infrutuoso, de sacarlle o arpón que ten cravado nun costado o coñecido como golfiño Manoliño.

Membros da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mamíferos Mariños (CEMMA) volveron tentar durante todo o día achegar o animal a unha das ramplas do porto do Freixo, no concello de Outes, para sacarlle o aparello.

O animal, co paso das horas, está cada vez máis nervioso e desconfiado. Os biólogos adiarán a misión ata dispoñer de novos medios, como unha rede con que atrapalo para levalo a terra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade