Fran Beltrán: "Fronte ao Valencia fixemos un mal partido e non debemos agochalo"
Fran Beltrán: "Fronte ao Valencia fixemos un mal partido e non debemos agochalo"
O centrocampista considera que as derrotas ante Real Madrid e Atlético "entran dentro da normalidade"
Cre que o equipo pode recuperar a súa mellor versión a base de traballo
Fran Beltrán analiza o arranque da temporada do Celta, que, con 13 goles en contra en seis xornadas, é o terceiro peor equipo da liga.
"É certo que tivemos un inicio complicado ante grandes equipos. As derrotas contra o Real Madrid e o Atlético entran dentro do normal", dixo.
Sobre os goles recibidos na liga, recoñece: "Os rivais precisan pouco para facernos gol. Temos que deixar a nosa portería a cero. Sería importante conseguilo, porque nós sempre xeramos moitas ocasións e debemos seguir traballando para que se materialicen".
"Se o míster me precisa, tírome de cabeza"
Beltrán non agocha que no último encontro en Mestalla non estiveron á altura.
"O partido de Mestalla foi malo e non debemos escondelo. Pola miña parte, seguirei traballando para axudar onde o equipo me necesite. Se o míster me precisa para o que sexa, eu tírome de cabeza. Son un soldado", sentenciou.
Beltrán cre que hai marxe para recuperar a mellor versión do equipo
O futbolista cre que, unha vez se asenten as novas incorporacións, o equipo ten marxe para recuperar a súa mellor versión.
"Creo que podemos chegar ao nivel do ano pasado e incluso soñar con superalo e chegar o máis arriba posible. Temos xogadores e calidade suficiente para conseguilo", asegurou.
Betis, Barcelona e Real Sociedade agardan polos celestes unha vez se retome a liga. Andaluces e vascos pisarán o novo céspede de Balaídos.