Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fran Mérida, flamante fichaxe do Lugo para a Primeira Federación

Fran Mérida, flamante fichaxe do Lugo para a Primeira Federación

O mediapunta (33 anos) pasou por equipos como o Arsenal, a Real Sociedade, o Atlético de Madrid ou o Paranaense

G24.gal 30/01/2024 10:37

O Lugo segue a apostar forte por rematar en postos de ascenso na Primeira Federación. Presentou á súa fichaxe estelar neste mercado de inverno, o mediapunta Fran Mérida. A súa traxectoria é impresionante desde que despuntara nas categorías inferiores da selección no europeo sub-17 de Bélxica en 2007. 

O Arsenal captouno e debutou co primeiro equipo. Pasou pola Real Sociedade, Atlético de Madrid, Osasuna ou Español en Primeira e tivo outras experiencias internacionais en Braga ou no Atlético Paranaense do Brasil, co que xogou a Copa Libertadores. 

Desde 2022 estaba no fútbol chinés (Tianjin Jinmen) e en decembro volveu a Barcelona onde se atopaba adestrando. Quería seguir xogando no fútbol español e o Lugo fixo unha aposta clara. Ofreceulle unha temporada e media de contrato co que Mérida non dubidou. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar