Conde aborda co comité de Alcoa a tramitación dos eólicos que beneficiarán á factoría
Conde aborda co comité de Alcoa a tramitación dos eólicos que beneficiarán á factoría
O vicepresidente económico da Xunta trasládalles aos traballadores o seu apoio na negociación para a reapertura da planta de aluminio
O comité de empresa de Alcoa reuniuse co vicepresidente económico da Xunta para abordar a tramitación dos novos parques eólicos. Francisco Conde trasladoulle os detalles destes proxectos, decisivos para o futuro industrial da factoría de Cervo.
A Xunta tramita por vía excepcional a autorización de oito novos eólicos que lle subministrarán enerxía á planta de Alcoa para abaratar a súa factura eléctrica e permitirlle que retome a actividade canto antes.
A multinacional negocia cos traballadores as condicións para a reapertura da planta de aluminio, prevista para dentro dun ano. Conde trasladoulles o seu apoio para manter a viabilidade da fábrica.