Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fregueses coruñeses fan un belén exclusivamente de papel cheo de detalles

Fregueses coruñeses fan un belén exclusivamente de papel cheo de detalles

Pode visitarse na igrexa de Santo Tomás Apóstolo, no barrio de Monte Alto

G24.gal 23/12/2022 14:39

Os seus artífices son pequenos e maiores da parroquia de Santo Tomás Apóstolo, do barrio coruñés de Monte Alto. Todos eles traballaron arreo e con moita ilusión man a man e para elaborar o seu nacemento empregaron só papel.

Pero é que amais ten outra particularidade: o misterio está colocado no centro e isto ten un porque. O párroco explica que é porque Cristo é o centro da vida dun cristián e por iso puxeron o pesebre e ao Neno Xesús no centro do escenario.

O camiño, tamén adrede, puxérono recto. Di o sacerdote que así convida a camiñar ao encontro de Cristo, a adorar o Neno.

Aseguran estar orgullosos e satisfeitos co resultada e agardan poder amplialo para o ano vindeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar