Publicador de contidos
Publicador de contidos

Friol acolle as primeiras Olimpíadas Rurais de Galicia

Friol acolle as primeiras Olimpíadas Rurais de Galicia

Son 14 probas e participan 380 xogadores dos 16 aos 60 anos

G24.gal 28/06/2024 22:18

Friol acolle ata o domingo as primeiras olimpíadas rurais que se celebran en Galicia, unha aposta por recuperar os xogos tradicionais na que participan unhas catrocentas persoas. O obxectivo destas olimpíadas é o de recuperar os xogos populares e tradicionais.

En total participan un total de 380 persoas divididas en 21 equipos paritarios, con seis homes e seis mulleres cada un, que van competir en xogos como o lanzamento de pedra, carreira de sacos, carreira de lazos ou a corda, por citar algunha das 14 probas que se van celebrar en Friol esta fin de semana.

O que subxace é o interese en que se recuperen e conserven os xogos tradicionais e populares aos que se xogada nas distintas aldeas das parroquias rurais e tamén nas rúas das cidades na nenez de moitos dos que agora andamos dos corenta e cincuenta para arriba.

Tamén haberá música e xantares compartidos, unha oportunidade para que a xente se coñeza, pasalo ben ao aire libre e tamén para dar a coñecer e impedir que se esquezan os xogos rurais.

E con vocación de permanencia, porque son as primeiras olimpíadas rurais galegas, pero non han ser as últimas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade