Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os inquilinos ven escasa a lei de vivenda que frustra as promotoras

Os inquilinos ven escasa a lei de vivenda que frustra as promotoras

A asociación de promotoras da Coruña cre que recupera medidas do franquismo

Os inquilinos valoran que consolide a vivenda como un dereito

G24.gal 22/04/2023 13:49 Última actualización 22/04/2023 16:54

O pleno do Congreso aprobará o xoves a nova lei de vivenda que, entre outras medidas, pon límite aos prezos dos alugueiros.

Victor Palomo, experto en dereito á vivenda e membro do sindicato de inquilinos de Madrid, explica que esperaba máis pero valora que no texto se trate a vivenda como un dereito e non como un ben para especular. 

"Se temos toda unha poboación nova e unha poboación migrante traballadora, que non pode pagar, que non ten ingresos porque lle ten que dar todo ao propietario, estamos atascando, estamos xerando unhas desigualdades sociais que non só nos afectan aos inquilinos senón a toda a sociedade".

Desde a Asociación de Promotores Inmobiliarios da Coruña falan de frustración e de electoralismo.

 "Un economista moi coñecido xa dixo que, despois dunha bomba atómica a mellor maneira de estragar unha cidade é limitar as rendas e xa o vimos, están retomando unha medida franquista (...). Son todo declaracións programáticas, frases baleiras que, ao mellor como programa electoral valerían pero falar de dereito á vivenda... os que somos avogados, dereito á vivenda... a quen llo vas esixir?".

Esta asociación reclama volver ao sistema tradicional que permitiu construír case seis millóns de vivendas protexidas en 30 anos, con axudas para a urbanización de solo, á promoción, ao comprador e con subsidios aos préstamos hipotecarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade