Publicador de contidos
Publicador de contidos

Funcionarios de prisións denuncian un conato de motín no cárcere da Lama

Funcionarios de prisións denuncian un conato de motín no cárcere da Lama

Tiveron que illar cinco presos para conter a revolta

G24.gal 18/04/2023 20:16 Última actualización 18/04/2023 20:46

O sindicato TAMPM denuncia un intento de motín na prisión pontevedresa da Lama. Ocorreu hai uns días, ainda que o desencadeamento parece estar nun intento de agresión perpetrado hai dúas semanas contra un funcionario.  

Segundo Julio Díaz, o representante sindical que falou coa Televisión de Galicia, cinco  reclusos fixeron un complot e comezaron a estragar a galería que comparten no centro penitenciario e que reúne varios presos perigosos.

"Golpearon fiestras, rompéronas, esnaquizaron as celas e houbo que intervir para illalos porque compartían a mesma zona do centro, en celas contiguas, e reforzábanse uns a outros", explicou Díaz.
Ao parecer, os incidentes producíronse despois de que os reos mesturaran e consumiran a medicación que teñen prescrita. Un deles mesmo chegou a autolesionarse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade