Funcionarios de prisións fan 86 quilómetros a pé para esixir dereitos
Funcionarios de prisións fan 86 quilómetros a pé para esixir dereitos
Saíron o luns do cárcere de Monterroso e chegaron este martes
Algúns deles foron vítimas de agresións no seu traballo e demandan máis protección
Con grande alegría chegaron cinco funcionarios penitenciarios a Santiago este martes á mañá despois de realizar un reto que poucos doutores recomendarían, facer 86 quilómetros en 24 horas.
"Son moitos quilómetros, paréceme que non o volverei facer", di Toño.
Despois de contarnos que está cansado, Carlos amósanos unha das razóns que o levou a enfrontarse a este reto. El foi vítima de varias agresións por parte dos internos do cárcere en que traballa.
"Se un interno agride un profesor dos que lle dá clase, é un delito, pero se nos agride a nós é unha falta", explica Toño.
Por certo que nun principio só un deles ía percorrer os 86 quilómetros enteiros, pero finalmente gañou o compañeirismo, á costa iso si, dalgunha que outra pequena lesión.