Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un interno de Bonxe deixa inconsciente un funcionario público dun puñazo

Un interno de Bonxe deixa inconsciente un funcionario público dun puñazo

O sindicato CSIF cre que o centro non reúne as condicións para garantir a seguridade do funcionariado

G24.gal 12/03/2023 14:31 Última actualización 12/03/2023 15:05

No cárcere de Bonxe, no concello de Outeiro de Rei, un preso agrediu un funcionario de prisións, cando regresaba da consulta médica. Colleu unha coitela que levaba agochada na mochila e comezou a lesionarse.

Cando o traballador quixo socorrelo, o recluso propinoulle un forte golpe na cabeza que o deixou inconsciente durante varios minutos. Trasladárono ao hospital de Lugo e xa recibiu a alta pero non lembra o acontecido.

O sindicato CSIF mantén que se puido evitar porque o preso xa protagonizara incidentes semellantes con anterioridade e non debera estar nun centro como o de Bonxe, que non ten o equipamento adecuado. Reclama máis medios para evitar agresións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade