Gafas intelixentes e realidade virtual para diagnosticar TDAH nos nenos
Gafas intelixentes e realidade virtual para diagnosticar TDAH nos nenos
A realidade virtual pode ser unha ferramenta valiosa para a avaliación dalgúns trastornos de neurodesenvolvemento, como o déficit de atención con hiperactividade. As lentes intelixentes son especialmente útiles cando os pacientes son nenos porque perciben a avaliación coma un xogo. Así o fan nunha clínica da Coruña. A realidade virtual sitúa o neno nun espazo que coñece ben.
As lentes permiten detectar que estímulos distraen o neno e rexistran de forma automática cada movemento. Coa realidade virtual o cativo percibe a avaliación coma un xogo.
As posibilidades que ofrece a realidade virtual para a diagnose e o tratamento de diferentes trastornos e enfermidades é enorme. É coñecida, por exemplo, a súa eficacia na terapia da ansiedade ou das fobias.
Tamén se desenvolven aplicacións específicas para abordar patoloxías relacionadas coa dor crónica.