Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galaxia presenta en Curtis a edición en galego de "Testemuño da Guerra Civil" de Isabel Ríos

Galaxia presenta en Curtis a edición en galego de "Testemuño da Guerra Civil" de Isabel Ríos

 O fillo da autora, o pedagogo Manuel Calvelo, participou emocionado aos seus 90 anos 

G24.gal 09/02/2022 21:08

Emocionado, o pedagogo Manuel Calvelo volveu esta tarde desde Chile ao seu concello natal de Curtis para asistir á presentación da edición en galego do libro da súa nai Isabel Ríos, Testemuño da Guerra Civil, editado por Galaxia.

Foi no Restaurante Exprés, onde logrou volver falar aos 90 anos no galego dos seus tres primeiros anos de vida, cando mataron o pai, o doutor Calvelo, e encarceraron a nai, autora deste testemuño.

No acto tamén participaron o xornalista Xosé Antón García Ferreiro, promotor e tradutor da publicación, canda representantes da editorial e numeroso público, entre veciños de Curtis e chegados de fóra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade