Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comezará no 2025 a construción dun centro de datos en Curtis que dará servizo a 3 millóns de usuarios

Comezará no 2025 a construción dun centro de datos en Curtis que dará servizo a 3 millóns de usuarios

Poderá axudar empresas e institucións a ser máis competitivas grazas á computación e á intelixencia artificial

O presidente da Xunta destacou o potencial de Galicia para ser líder nese sector e dixo que o Goberno galego seguirá axilizando os proxectos industriais estratéxicos para a nosa economía

G24.gal 11/10/2024 17:12

O concello coruñés de Curtis vai albergar un dos centros de datos máis grandes de España, que comezará a construírse no 2025 e estará en funcionamento no 2026. O proxecto, presentado este venres no polígono de Teixeiro, está impulsado pola empresa sevillana Ingenostrum, que apunta que poderá dar servizo a uns tres millóns de usuarios en España.

Un dos motivos para que Ingenostrum escollera Curtis para construír este centro é a temperatura media anual de 15 graos da zona, que permite refrixerar equipos con menos consumo eléctrico. Outras das razóns, din, son o acceso a solo empresarial e enerxías renovables, ou a conexión a estradas e a fibra.

Dende aquí poderán axudar empresas e institucións de toda España a ser máis competitivas grazas á computación e á intelixencia artificial, segundo explicou o CEO da empresa, Gabriel Nebreda, que dixo que o proxecto prevé a instalación de 30.000 servidores.

Na presentación do proxecto, o presidente da Xunta destacou o potencial de Galicia para ser líder nese sector. Alfonso Rueda dixo que o Goberno galego seguirá axilizando os proxectos industriais estratéxicos para a nosa economía.

"Non renuncio a que Galicia perda carreiras que todo o mundo está intentando. Calquera empresa que queira vir aquí a Galicia, ou que estea en Galicia e queira apostar, crecer, transformar, ou ampliarse, aquí ten unha Administración aliada”, afirmou o presidente.

A construción do centro de datos de Curtis ten tres fases, cun investimento inicial de 51 millóns e dará emprego a unhas 200 persoas entre a fase de construción e de funcionamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade