Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cortado o tráfico ferroviario entre A Coruña e Lugo polo descarrilamento dun tren

Cortado o tráfico ferroviario entre A Coruña e Lugo polo descarrilamento dun tren

Un convoi de mercadorías saíu da vía á altura de Teixeiro, no concello de Curtis

Imaxe do convoi descarrilado
G24.gal 27/07/2024 12:59 Última actualización 27/07/2024 14:10

A circulación ferroviaria dos trens de media distancia entre A Coruña e Lugo permanece interrompida desde a tarde do venres tras descarrilar un convoi de mercadorías no tramo situado entre Teixeiro (Curtis) e Oza dos Ríos.

Renfe estableceu un plan de transporte alternativo por estrada para garantir a mobilidade dos viaxeiros, que están a ser informados da incidencia polas canles habituais.

O accidente rexistrouse a poucos metros do apeadoiro de Curtis sobre as 17:30 horas. Non houbo feridos. O persoal técnico continúa traballando na zona para restablecer a comunicación o máis axiña posible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade