Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia alcanza o máximo histórico en matrículas de FP con 60.883 estudantes

Galicia alcanza o máximo histórico en matrículas de FP con 60.883 estudantes

Hai uns 2.060 máis ca o curso anterior e un 75 % máis que no ano 2009

A FP dual lidera o incremento cun 24 %, seguida dos mestrados, cun 8,4 % máis

G24.gal 24/09/2022 14:30 Última actualización 24/09/2022 14:52

Galicia alcanza este curso o máximo histórico en matrículas de FP, con case 61.000 alumnos. Isto supón uns 2.000 alumnos máis ca o ano anterior e un 75 % más que en 2009.

Este dato indica, segundo a Xunta, que a formación profesional se está xa a converter na primeira opción académica para boa parte do estudantado galego.

conselleiro de Educación visitou este sábado o Centro Politécnico Integrado de Formación Profesional de Santiago, onde fixo balance.

O venres rematou o prazo de matrícula. A FP dual lidera o incremento cun 24 %, seguida dos mestrados, cun 8,4 % máis.

Entre as causas dese éxito está, asegura Román Rodríguez, a "confianza que os sectores produtivos e as empresas teñen na FP (...) e o indicador que marca esa confianza é a empregabilidade"

"Estamos a falar dunha empregabilidade nos ciclos ordinarios do 85 % e practicamente do 100 % na FP dual", indica o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades.

As familias profesionais que máis medran son Edificación e Obra Civil, Actividades Físicas e Deportivas, Madeira, Téxtil, Comercio e Márketing.

A día de hoxe hai máis de 200 centros que imparten formación profesional en Galicia, boa parte deles -un total de 78- no rural.

"Outro aspecto moi importante é a innovación. Os centros de FP innovan e prepáranse constantemente para formar nas técnicas máis novidosas e significativas dos últimos anos", asegura.

Segundo o titular de Educación, a "FP converteuse na primeira opción académica para moitos galegos e galegas" xa que é a "modalidade educativa máis apegada á realidade laboral".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade