Galicia aumenta a oferta de FP Dual un 25 % o próximo curso
Galicia aumenta a oferta de FP Dual un 25 % o próximo curso
As prazas da Formación Profesional superan as 37.000
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou hoxe no CIFP Someso, na Coruña, a oferta de Galicia para a Formación Profesional do vindeiro curso, que sumará máis de 37.588 prazas, o que supón 1.700 máis que este ano.
A FP 2022-2023 arrancará con novos ciclos, como o de pedra natural, que se impartirá no Porriño, con novos másteres e con máis prazas nos ciclos comúns, na modalidade de adultos, na FP a distancia e na FP Dual, que aumenta un 25 %, ata os 1.800 alumnos. O presidente da Xunta destaca que xa hai máis de 800 empresas que colaboran na formación práctica destes estudantes.
Alfonso Rueda defende tamén que non hai país que teña futuro sen coidar a FP:
"Hoxe presentamos 37.000 oportunidades. As nosas Universidades públicas excelentes teñen un papel fundamental, pero non serían capaces de asegurar o futuro de Galicia se non estivera ao seu lado a FP, esa compañeira a veces demasiado silenciosa".
O curso que vén en Galicia haberá 16 másteres de FP, algúns deles novos, como o de materiais compostos na industria aeroespacial.