Galicia baixo a influencia da borrasca Óscar: auga e baixada de ata dez graos nas máximas
Galicia baixo a influencia da borrasca Óscar: auga e baixada de ata dez graos nas máximas
Este mércores agárdase chuvia en toda Galicia
Os tronos e as chuvias, fortes pero breves, recuncaron en Santiago tras horas de bochorno, con 29 graos na cidade.
A calor estendíase polas Rías Baixas, con rexistros de 31 graos en Meis e Pontevedra, preto da máxima de Galicia, en Boiro, que alcanzou os 33,2 graos.
O bochorno tamén se aseñorou do interior con temperaturas de 32 graos en Ourense, 30 en Lugo ou 28 na montaña de Navia de Suarna. Na costa norte houbo 30 graos en Ferrol ou andaron polos 26 na Mariña.
A diferenza das temperaturas máximas foi, por exemplo, en Ourense, de dez graos en poucas horas. Baixaron as mínimas e subiron as máximas do luns ao martes e volverá pasar pero ao revés nas vindeiras horas pola influencia de Óscar, a borrasca que nos mandou o aire quente pero que o mércores refrescará con auga toda Galicia.
A fin de semana depende desta borrasca que igual nos trae temperaturas de verán que nos devolve á inestabilidade da primavera.