Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia, terceira autonomía con máis novos casos de cancro por habitante

Galicia, terceira autonomía con máis novos casos de cancro por habitante

O ano pasado diagnosticáronse 20.000 casos e faleceron 8.000 doentes

O investimento público en investigación é inferior á media española

G24.gal 15/10/2023 13:20 Última actualización 15/10/2023 15:08

Con 20.000 casos diagnosticados en 2022, Galicia ocupa o terceiro lugar entre as comunidades autónomas con máis incidencia de cáncer, e o segundo por taxa de falecementos: máis de 8.000 o ano pasado. 

Carlos Lamora, vicepresidente provincial da Asociación Española Contra o Cancro, lembra que un de cada dous homes e unha de cada tres mulleres acabará por sufrir unha enfermidade devastadora. 

"A parte médica da enfermidade, o sufrimento que supón, os problemas de incorporación aos postos de traballo, os tratamentos, que, en parte, ten que asumilos o enfermo, desprazamentos desde lugares afastados ás grandes cidades, que é onde se dispensan eses tratamentos".

Conseguir a equidade e máis financiamento público para investigación é o que reclama  a Asociación Contra o Cancro que o ano pasado investiu 3 millóns de euros en 26 proxectos en Galicia.

"Sen investigación non se pode paliar a enfermidade. Sobre iso facemos fincapé. A situación de Galicia respecto de España é que só se inviste o 1 % do PIB, cando en España a media está en 1,41 %, estamos catro décimas por debaixo da media, e España tampouco é referente como país punteiro en gasto en investigación".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade