Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia é a terceira comunidade con máis absentismo laboral

Galicia é a terceira comunidade con máis absentismo laboral

As horas non traballadas medraron un 32 % dende 2018 e suporían 14 días laborais por empregado

G24.gal 28/05/2024 14:30

En 2018 a media de horas non traballada por asalario foi de 86, segundo INE. O ano pasado esta cifra medrou ata as 113, o que equivale a uns 14 días laborais por empregado. O absentismo laboral en España sitúase ao redor do 7 por cento da xornada, datos que se manteñen dende a pandemia e que teñen un custo para as empresas de 135.000 millóns de euros ao ano.

A Confederación de Empresarios de Ourense acolleu unhas xornadas para abordar esta problemática que afecta especialmente as pequenas e medianas empresas con máis dificultades para afrontar as baixas. Entre as solucións propostas, mellorar a xestión sanitaria ou incrementar a implicación das mutuas. 

Galicia é a terceira comunidade con maior absentismo laboral despois de Asturias e País Vasco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade