Cargando resultados...
Galicia empeza a Copa das Rexións cun triunfo ante Irlanda (2-0)
Galicia empeza a Copa das Rexións cun triunfo ante Irlanda (2-0)
Iñaki e Magisano marcaron os goles do equipo galego
No outro partido do grupo, Baviera impúxose a Zenica por 5-0
G24.gal
09/06/2023 22:03
Comezou a fase final da Copa das Rexións que se celebra nas Rías Baixas, e a selección galega gañou por 2-0 á República de Irlanda.
No minuto nove, no primeiro tiro á porta de Galicia, chegou o primeiro gol, marcado polo xogador do Arousa Iñaki Martínez. E a piques de chegar ao final do partido, no minuto 89, Jonhy Magisano da Unión Deportiva Ourense anotaba o segundo.
No outro partido do grupo o equipo alemán de Baviera derrotou por 5-0 ao bosníaco de Zenica. O vindeiro domingo as sete da tarde e pola G2, a seguinte cita da selección galega nesta Copa das Rexións será contra o Zénica.