Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia encara unha fin de semana calorosa, coa chegada de aire procedente de África

Galicia encara unha fin de semana calorosa, coa chegada de aire procedente de África

Este sábado poderían aparecer valores extremos na conca ourensá do Miño, que estará en aviso amarelo

G24.gal 24/06/2023 11:25

Galicia continúa este sábado coas altas presións situadas ao norte da Península e intensificarase a chegada de aire cálido procedente do norte de África. Segundo a previsión de Meteogalicia, será unha xornada con ceos pouco nubrados ou despexados.

As temperaturas ascenderán entre lixeira e moderadamente, con valores elevados nas máximas, sobre todo en Ourense con 37 graos.

Iso si, non van marcar os valores extremos doutras zonas de España, aínda que os termómetros superarán os 35 graos na conca ourensá do Miño.

A influencia dun anticiclón sumada á entrada dunha masa de aire cálido procedente do norte de África elevará as temperaturas especialmente, durante a xornada do sábado, segundo as predicións de Meteogalicia, que aclaran que o que vivirá Galicia non será unha vaga de calor, senón un fenómeno propio da tempada estival.

O mercurio subirá este sábado un pouco máis de forma xeneralizada, con boa parte do territorio galego superando os 30 graos.  De feito, a conca do Miño en Ourense estará en aviso amarelo por temperaturas que se elevarán por riba dos 36 graos durante as horas centrais do día.

Cambio a partir do domingo

As altas temperaturas comezarán a remitir a partir do domingo, cando se espera a entrada de bancos de nubes e néboas na metade norte da comunidade, unha situación da que, segundo as predicións de Meteogalicia, escapará o sur, onde se manterán os ceos despexados.  

Con todo, Galicia permanecerá baixo a influencia anticiclónica no comezo da próxima semana, na que se esperan un luns e martes de ceos despexados e temperaturas entre os 25 e os 30 graos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade