Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia envía un helicóptero de salvamento a Valencia

Galicia envía un helicóptero de salvamento a Valencia

Ten capacidade para rescatar ata 10 persoas

Agárdase que xa poda traballar na zona na tarde deste mércores

G24.gal 30/10/2024 14:18

Galicia enviou a Valencia o helicóptero de Salvamento pesca 1. A Xunta responde así á petición de axuda de medios aéreos para cooperar nos rescates das persoas illadas ás que é imposible acceder dende terra. 

O Pesca 1 engalaba de Vigo cara a Valencia ás once e cuarto da mañá. O presidente da Xunta explicaba que "vai completamente equipado, pode poñerse a traballar en canto cheguen" e engadiu que puido falar co presidente Mazón e que lle dixo que "están absolutamente desbordados e necesitados de axuda".

A bordo do helicóptero galego viaxa unha tripulación especializada en rescates, formada por piloto, copiloto rescatador e operario. Despois dunhas 4 ou 5 horas de viaxe, agárdase que á primeira hora desta tarde xa estean traballando na zona. 

Rueda destacou que "é un helicóptero para rescate de persoas que é o que necesitan agora mesmo. Leva 4 tripulantes e capacidade para rescatar ata 10 persoas e con moita experiencia por desgraza en rescates".

A dor da traxedia impacta tamén en Galicia. Ata seis persoas chamaron esta noite o 112 en Galicia alertando da situación de familiares ou amigos en Valencia que non poderían alí contactar cos servizos de emerxencia. A Xunta e os concellos convocaron un minuto de silencio en distintos puntos de Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade