Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia esquiva o frío extremo

Galicia esquiva o frío extremo

O venres chegará a España unha masa de aire extremadamente frío procedente de Rusia

G24.gal 06/02/2025 13:26

Galicia empezou esta semana con influencia das altas presións, que deixaron un mércores asollado en gran parte da comunidade. Con todo, a partir deste xoves a situación meteorolóxica comezará a empeorar, coa posible formación dunha borrasca no Mediterráneo e a entrada dunha masa de aire frío procedente de Rusia á Península.

Diego Viaño, de O Tempo TVG, explica que estaremos baixo a influencia dunha bolsa de aire frío que condicionará as próximas horas cunha madrugada pasada por auga e precipitacións intensas nas provincias de Pontevedra e A Coruña, pero previsiblemente o territorio galego non notará tanto a súa influencia como si o farán provincias do interior norte do país.

E que o venres chegará a España a alcumada Besta do Leste, unha masa de aire extremadamente frío procedente de Rusia que provocará un descenso térmico acusado en gran parte do país, xa que nalgunhas cidades da zona centro da Península e da meseta norte, como Burgos, Valladolid, Segovia ou Madrid, poderían non superar os cinco graos de temperatura máxima.

Ben é certo que as temperaturas descenderán tamén en Galicia, pero non será de forma tan extrema como noutras comunidades. De feito, nas últimas horas algunhas localidades galegas mesmo rozaron os vinte graos, temperaturas primaverais para esta época do ano, pero o sábado si notaremos unha baixada das temperaturas de xeito especial nas zonas do interior onde poden rexistrarse valores negativos a primeira hora do día. Tocará sacar os abrigos, o lóxico no mes de febreiro. O domingo comezarán a recuperarse as temperaturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos