Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia estrea o plan para combater a calor extrema

Galicia estrea o plan para combater a calor extrema

A norma de maior calado prohibe os traballos ao aire libre baixo alerta laranxa ou vermella da AEMET

O límite de risco para activar as alertas oscila entre os 37 e os 42 graos

G24.gal 13/05/2023 18:11

Para facerlles fronte aos efectos do cambio climático entra en vigor o plan do Goberno central para combater as vagas de calor e as situacións de clima extremo.

Dende este sábado estará prohibido realizar algúns traballos ao aire libre cando haxa avisos por temperaturas altas, concretamente cando a alerta sexa laranxa ou vermella.

O límite de risco para activar as alertas aquí en Galicia oscila entre os 37 e os 42 graos. As empresas estarán obrigadas a adaptar a xornada laboral do persoal que traballe no exterior nas horas centrais do día. Afectará tamén a aqueles lugares que non poden quedar pechados.

Así, a alerta laranxa actívase cando a temperatura máxima alcanza os 37 graos nas provincias da Coruña e Pontevedra e en toda a provincia de Lugo salvo no sur, onde o límite é de 39 graos, igual que en toda a provincia ourensá.

Ademais, a Axencia Estatal de Meteoroloxía considera como alerta vermella cando o termómetro chega aos 40 graos en toda a comunidade galega, salvo no sur de Lugo e a provincia de Ourense, onde se decreta con 42.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade