Galicia gáñalle a Suiza e xogará o pase aos cuartos o vindeiro mércores
Galicia gáñalle a Suiza e xogará o pase aos cuartos o vindeiro mércores
Triunfo por 2-1 con goles de Félix e Álex Rey
A selección galega de afeccionados chega á última xornada da fase de grupos da Copa das Rexións da UEFA con seis puntos en dous partidos. Xogará o pase aos cuartos de final ante Hungría o vindeiro mércores ás 17:00 horas (G2 e G24). Logo dos resultados desta segunda xornada, sabe que cun empate, e mesmo cunha derrota nunha carambola de resultados, podería pasar á Final a 8.
Contra Suiza fixo unha boa primeira parte e sufriu na segunda metade. Os primeiros 45 minutos acabaron con triunfo galego, cos goles de Félix Rial e Álex Rey.
Todo parecía de cara para Galicia, que buscaba incrementar a diferenza de goles para chegar na mellor situación á xornada final, pero a rexión de Xenebra estivo moito máis agresiva e puxo en serias dificultades os galegos. Suíza marcou no engadido, sen tempo para soñar co empate.