Cargando resultados...
Galicia métese como un dos oito mellores equipos da Copa das Rexións da Uefa
Galicia métese como un dos oito mellores equipos da Copa das Rexións da Uefa
Empatou diante do representante de Hungría e acadou a primeira posición do grupo
G24.gal
12/10/2022 20:57
A selección galega de afeccionados xogará o próximo ano a fase final da Copa das Rexións da Uefa. Galicia empatou con Pest húngaro en Vilagarcía. Chegáballe co empate. Adri Otero, o xogador do Atlético Arteixo, marcou o tanto galego tras unha asistencia de Jesús Varela, o lateral do Alondras.
Euforia no estadio do Arousa. Co tempo cumprido empataría a formación hungara. Exito do equipo dirixido por Iván Cancela que agora esperará os rivais no grupo de cuartos de final. De momento tamén están clasificados os equipos de Bosnia, Alemaña, Serbia e Polonia.