Publicador de contidos
Publicador de contidos

Facenda empezará a negociar en xaneiro a condonación da débeda e nega trato "preferente" a Cataluña

Facenda empezará a negociar en xaneiro a condonación da débeda e nega trato "preferente" a Cataluña

O Ministerio de Facenda fixou o obxectivo de déficit das comunidades autónomas en 2024 no 0,1% do PIB

As comunidades recibirán o próximo ano os maiores recursos do sistema de financiamento da súa historia con 154.467 millóns de euros, un 14,9% máis respecto a 2023

Facenda non dá datas para  a reforma do sistema de financiamento

Xuntanza do Consello de Política Fiscal e Financeira (EFE/Chema Moya)
G24.gal 11/12/2023 15:13 Última actualización 11/12/2023 19:39

O Ministerio de Facenda fixou o obxectivo de déficit das comunidades autónomas en 2024 no 0,1% do PIB .

Así o comunicou este luns a vicepresidenta cuarta e ministra de Facenda e Función Pública, María Jesús Montero, na reunión do Consello de Política Fiscal e Financeira. Ese obxectivo de déficit do 0,1% supón unha décima máis respecto ao fixado no Programa de Estabilidade de abril remitido á Comisión Europa, pero é a mesma porcentaxe que o que recolle o plan orzamentario de 2024, enviado a Bruxelas en outubro.

Con todo, esa décima de máis marxe para as comunidades autónomas será asumida pola Administración Central o próximo ano, un exercicio marcado pola reactivación das regras fiscais europeas, suspendidas desde 2020 pola pandemia e posteriormente polo impacto da guerra de Ucraína.

Respecto a os obxectivos de débeda, as comunidades terán que situarse no 21,7% do PIB en 2024, no 21% no 2025 e 20,3% en 2024.

Ademais, o Ministerio de Facenda comunicou ás comunidades autónomas que en 2024 recibirán os maiores recursos do sistema de financiamento da súa historia con 154.467 millóns de euros. É un incremento do 14,9% respecto a 2023, o que supón que recibirán case 20.000 millóns de euros máis que o ano pasado para fortalecer as súas políticas públicas.

 

Facenda  advirte que "pode recortar" a marxe fiscal ás comunidades

 A vicepresidenta cuarta e ministra de Facenda, María Jesús Montero, advertiu este luns ás comunidades autónomas de que o Goberno quitaralles a décima de marxe que lles deu para 2024 se o PP no apoia no Senado a senda de déficit que aprobará este martes o Consello de Ministros.

Montero explicou en rolda de prensa que conta cun informe xurídico da Avogacía do Estado que avala que se a senda de déficit non é aprobada por ambas as cámaras lexislativas, os obxectivos de déficit vixentes serán os comunicados a Bruxelas no programa de estabilidade 2023-2026 de abril.

De ser asi, as comunidades autónomas terían que reaxustar as súas contas para 2024 ao equilibrio orzamentario (déficit cero) incluído no devandito programa, en lugar da o déficit do 0,1 % do PIB que se lles comunicou este luns no Consello de Política Fiscal e Financeira.

Sen prazos para a reforma do sistema de financiamento

Montero non dá prazos para a reforma do sistema de financiamento e as comunidades gobernadas polo úrxenlle a facelo de maneira "inminente". As comunidades gobernadas polo PP xa adiantaran unha posición común á súa entrada ao Consello de Política Fiscal e Financeira, a de "urxir" a reforma. A ministra non deu prazos nin datas.

O que si anunciou Montero, e que as irá reunindo de maneira bilateral no mes de xaneiro para explicarlles a metodoloxía que se seguirá na condonación de débeda pactada entre PSOE e ERC.

"Non se pode aprobar isto no marco do Consello de Política Fiscal da mesma maneira que non se pode aprobar un modelo de financiamento. Pódeche axudar a ir incrementando os consensos pero evidentemente será o Congreso dos Deputados quen teña a última palabra", recalcou

Asegurou ademais que non sabe cando poderá estar en condicións para ir ao Congreso dos Deputados cunha proposta normativa porque se trata de débeda viva, dixo, dunha débeda que está suxeita a un proceso de amortización de aquí a dentro de 10 ou 15 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade