Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia podería sumarse ao mapa das zonas máis lonxevas do mundo

Galicia podería sumarse ao mapa das zonas máis lonxevas do mundo

Converteríase na sexta rexión do planeta en contar cunha Blue Zone

Trátase da distinción que un comité internacional de científicos outorga aos territorios con máis esperanza de vida

G24.gal 27/05/2024 20:52 Última actualización 27/05/2024 21:46

As chamadas Blue Zones, zonas azuis, son os territorios con maior esperanza de vida. Un comité científico internacional outorga esta distinción, que unicamente posúen cinco áreas en todo o mundo. E Galicia podería entrar nese selecto club.

Hai polo de agora zonas azuis en Italia, Grecia, Francia, Costa Rica e O Xapón. A conselleira de Política Social e Igualdade reuniuse en Lalín cos alcaldes das comarcas que poderían sumarse ao mapa das zonas máis lonxevas do mundo: Chantada, Terra de Lemos, O Ribeiro, Terra de Celanova e Deza.

Da xuntanza participou tamén o fundador do proxecto Blue Zones, quen vai percorrer esas zonas galegas para determinar se cumpren cos requisitos.

"En Galicia as persoas maiores permanecen na sociedade, non están excluídas, e esa é unha lección importante para o futuro", salienta Michel Poulain

Explican que o seu traballo de campo analizará por que neses lugares de Galicia se vive tanto e tan ben.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos