Galicia precisa doazóns de sangue do grupo A e do grupo 0 positivo
Galicia precisa doazóns de sangue do grupo A e do grupo 0 positivo
O Sergas necesita unhas cincocentas doazóns diarias para manter o sistema
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) necesita doazón de sangue dos grupos A, tanto positivo como negativo, e 0, neste caso só positivo.
Explicouno o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, antes de doar sangue no Hospital Nicolás Pena de Vigo.
Alí recoñeceu que "insistir aos galegos que son maioritariamente solidarios é un pouco atrevido", pero matizou que no verán as reservas de sangue son "máis xustas", polo que pedido un esforzo.
En concreto, os grupos nos que as reservas están en niveis máis baixos son o A, tanto positivo como negativo, e o 0 positivo.
O Sergas necesita unhas cincocentas doazóns diarias para manter o sistema, unha cantidade que no verán é máis complicado conseguir.