Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia presenta en Fitur '27 lugares con encanto para o 2027'

Galicia presenta en Fitur '27 lugares con encanto para o 2027'

Son tesouros preto do Camiño de Santiago que dentro de tres anos volverá ser unha gran cita para o turismo galego

G24.gal 25/01/2024 15:01

A frondosidade do Camiño, ás veces, non deixa ver pequenos tesouros agochados nas beiras. A carón ou moi preto dos grandes monumentos aparecen esas marabillas da natureza ou patrimoniais.

E cales son eses tesouros? Algúns exemplos. Na provincia de Lugo, dende a mirada de Cunqueiro á catedral de Mondoñedo ata o castelo de Castroverde. Seis en Pontevedra: a ponte das Febres onde enfermou san Telmo ou as illas Estelas. Seis tamén na Coruña: os Carrás, en Ordes, ou a igrexa do Corzón, en Mazaricos. E tres tesouros ourensáns: a ponte de Vilanova, en Allariz, ou Santa María a Real, en Xunqueira de Ambía.

Tesouros preto dun Camiño que no 27 volverá ser unha gran cita para o turismo galego. Pero mellor non agardar ata o 2027 e desfrutar deses lugares que están aí, agochados, dispostos a ofrecer un momento de calma e relax ao viaxeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade