Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia recibiu un 10 % máis de turistas nos sete primerios meses

Galicia recibiu un 10 % máis de turistas nos sete primerios meses

O presidente da Xunta apunta a "boas expectativas" do sector para os últimos meses do ano

G24.gal 25/08/2023 14:44

Galicia rexistrou nos sete primeiros meses do ano un dez por cento máis de turistas que no mesmo período de 2022, segundo destacou este venres o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nunha visita ás obras do novo albergue público que está construíndo o Goberno galego no concello ourensán de Piñor. Rueda avanzou que o sector ten boas expectativas para o que resta de 2023.

Case 300.000 persoas fixeron no que vai de ano o Camiño de Santiago, preto de 16.000 pola Vía da Prata. O obxectivo do sector turístico e da Xunta é que cada vez máis peregrinos elixan rutas menos concorridas e para iso están reforzando infraestruturas, como este albergue de Piñor, no que o Goberno galego vai investir un millón de euros.

"Temos que seguir apostando por descentralizar o Camiño Francés, tratar de que os peregrinos veñan a outros camiños e instalacións como estas son as que fan falta para que se sintan cómodos", afirmou Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destaca que nos primeiros sete meses deste 2023 aumentou un 10 % a chegada de visitantes a Galicia e apunta a un final de ano con boas expectativas de ocupación turística.

"Segundo nos din os profesionais do sector, teremos un final de ano tamén moi bo, con moitas previsións de reserva para setembro e outubro. Creo que é unha magnífica noticia que neses meses en que antes todo baixaba moito, agora imos ter cifras moito mellores", explicou Alfonso Rueda.

O novo albergue de Piñor terá zonas comúns e de dormitorios, aseos, cociña e, de xeito innovador, dúas cortes para os peregrinos que decidan facer o Camiño a cabalo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar