Galicia reclama máis fondos de recuperación da UE en Bruxelas
Galicia reclama máis fondos de recuperación da UE en Bruxelas
O conselleiro de Facenda presentou na capital comunitaria a execución do Plan Estratéxico 2030
A Xunta de Galicia presenta en Bruxelas a execución do seu Plan Estratéxico 2030, co que impulsa o crecemento da economía ante os retos da transición verde e a dixital que vive Europa.
Galicia quere aproveitar os fondos de recuperación para acelerar a converxencia de rendas coa media española e a europea.
O Conselleiro de Facenda Miguel Corgos mantivo reunións de traballo coa Comisión Europea sobre os proxectos industrias galegos que poden recibir financiamento da UE.
A Xunta denuncia que grandes investimentos como os de Altri e Stellantis ou iniciativas no medio rural que aproveitan os recursos naturais son excluídos da repartición dos Fondos Next Generation deseñado polo Goberno.
O conselleiro Corgos explicoulle á Comisión Europea que o Plan Estratéxico 2030 busca a converxencia de rendas con España na vindeira década. E tamén acelerar a equiparación coa UE. Pero que Galicia non obtén fondos de recuperación segundo o seu peso no Estado, un problema para acelerar as transicións ecolóxica e dixital.