Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia recorda a memoria de Miguel Ángel Blanco nos 25 anos do seu asasinato

Galicia recorda a memoria de Miguel Ángel Blanco nos 25 anos do seu asasinato

Vigo inaugurou unha praza dedicada ao concelleiro popular de Ermua e o Parlamento e concellos e deputacións recordaron a data cun minuto de silencio

G24.gal 13/07/2022 17:01

Este mércores cúmprense 25 anos do asasinato de Miguel Ángel Blanco a mans da ETA. E en Vigo inauguraron unha praza co seu nome.

Está na Cidade da Xustiza, e ten unha simbólica estatua dunhas mans entrelazadas. Os asistentes ao acto destacaron o valor da convivencia e a necesidade de non esquecer o brutal asasinato e aqueles días de angustia de 1997.

No Parlamento de Galicia gardouse un minuto de silencio na súa memoria e leuse unha declaración institucional condenando o seu asasinato e os máis de 800 crimes cometidos pola banda terrorista,

Concellos e outras institucións tamén convocaron concentracións silenciosas este mediodía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade