Galo de Vila de Cruces precociñado: un manxar dispoñible este Nadal
Galo de Vila de Cruces precociñado: un manxar dispoñible este Nadal
A asociación de criadores e a empresa Culinaria porán no mercado 350 exemplares
Venderanse ao baleiro asados ou guisados ao xeito tradicional
Son galos sen castrar criados en liberdade durante un ano
Sempre se venderon frescos, pero este Nadal tenemos a oportunidade de comer os primeiros galos de curral precociñados. Chegarán ás tendas gourmet asados ou guisados ao xeito tradicional, con patacas e verduras, e só haberá que quentalos.
"Van nunha cazola envasados ao baleiro e teñen unha caducidade de 30 días", explica Manuel Araújo, xerente da empresa Culinaria.
"Deste xeito crean valor engadido, fan dunha materia prima extraodinaria gastronomía e logran levala polo mundo adiante", engade o conselleiro de Medio Rural, José González.
Un convenio entre a asociación de criadores de Vila de Cruces e a empresa de restauración Culinaria fai posible esta iniciativa, que busca promover a carne dunhas aves que non se castran e se crían de xeito artesanal durante todo un ano.
Tito Mariño, presidente da Asociación de Criadores de Vila de Cruces, engade que "os galos están sempre en liberdade e se alimentan co cereal e a verdura que nós mesmos cultivamos".
Este Nadal só se venderán 350 exemplares precociñados. Pero a idea é ampliar mercado a medida que esta carne gañe adeptos, porque, din aquí, que quen proba, repite.