Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gandeiras comparten experiencias para o empoderamento da muller rural

Gandeiras comparten experiencias para o empoderamento da muller rural

As mulleres son xa titulares de máis da metade das explotacións gandeiras galegas

G24.gal 05/03/2024 14:42

Nerea leva tempo formándose e agora compaxina os estudos coa súa incorporación á explotación familiar. Esta gandeira ten claro que as cousas mudaron, e é todo un exemplo do crecente protagonismo da muller no rural galego. 

Con ela está garantida a remuda xeracional na explotación, algo, por desgraza, pouco frecuente. Pero os pasos adiante de mulleres coma ela fan que en Galicia o 52 por cento das explotacións galegas sexan xa de titularidade feminina, moi por riba do 22 por cento estatal. Unha porcentaxe que non deixa de medrar malia a dureza do traballo.

Ás portas do Día Internacional da Muller compartiron experiencias na xornada Gandeiras con Actitude, organizada pola empresa láctea Río de Galicia. Este crecente protagonismo da muller, din, pode axudar a combater a despoboación e o avellentamento no rural galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade