Gandeiros e consumidores galegos vixiarán que a suba do leite se traduza en mellores prezos para os produtores

O leite subiu nun ano 11 céntimos nos lineais, pero os gandeiros so cobraron 4 máis
Agromuralla e a Unión de Consumidores de Galicia poñen en marcha un observatorio de prezos
Ir á compra resúltanos cada vez máis caro, e o leite é un dos produtos que máis subiu. Unha suba duns once céntimos por litro nun ano que, porén, case non repercute nas contas das explotacións. Por iso Agromuralla e a Unión de Consumidores de Galicia crean un observatorio de prezos.
Reclaman transparencia, e por iso achegarán as súas facturas mes a mes para facer público o que lles pagan as industrias e ver se o prezo sobe acorde co que o fai nos supermercados. Os datos do primeiro trimestre amosan claros desaxustes.
Cren que o consumidor, para elixir unha marca, ten que saber que industrias cumpren e pagan un prezo xusto ao gandeiro. Este observatorio nace a nivel de Galicia, pero ten previsto chegar a ser unha referencia estatal incorporando datos das principais comunidades produtoras.