Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ganomagoga presenta un ERE para máis de 200 traballadores

Ganomagoga presenta un ERE para máis de 200 traballadores

Os sindicatos piden mediación da Xunta para garantir a viabilidade da empresa

Foto: Ganamagoga.es Foto: Ganamagoga.es
G24.gal 09/03/2023 11:50

A empresa do sector metal Ganomagoga, con talleres nas localidades pontevedresas de Ponteareas e Mos, notificou este xoves o inicio do período de negociación dun expediente de regulación de emprego (ERE) extintivo para todo o persoal da compañía.

Esta medida da firma principal únese ás xa anunciadas noutras empresas do grupo, polo que en total supoñerá o despedimento colectivo de preto dunhas 200 persoas, segundo indican Comisións Obreiras e a Confederación Intersindical Galega en candanseu comunicado.

Por iso, os sindicatos solicitaron a mediación" da Xunta e o vindeiro mércores, 15 de marzo, celebrarase unha reunión bilateral coa Consellería de Economía, Industria e Innovación en San Lázaro.

CC. OO. e a CIG pediron á Administración autonómica que interveña para buscar unha solución e garantir a viabilidade da empresa e o mantemento do emprego.

Comisións Obreiras manifestou a súa "desconfianza" pola xestión empresarial, xa que a compañía alcanzou "máximos de produtividade" durante 2022 e rematou o exercicio do ano 2021 con grandes beneficios.

A CIG anunciou unha serie de protestas e pediu un encontro con responsables da Subdelegación do Goberno en Pontevedra para implicar ao máximo de institucións na defensa da empresa.

O Grupo Ganomagoga, opera en sectores como o naval, a eólica ou a biomasa e posúe centros de traballo en Ponteareas, O Porriño, Mos e Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade