Publicador de contidos
Publicador de contidos

Giráldez: "Non é escusa. No outro fútbol, que é legal, foron mellores"

Giráldez: "Non é escusa. No outro fútbol, que é legal, foron mellores"

O técnico do Celta B lamenta os moitos atrancos vividos no Pepico Amat

G24.gal 11/06/2023 09:41

Balóns pouco inchados, herba demasiado alta, regar só unha parte do campo no tempo de lecer ou balóns que desaparecen foron algúnhas das circunstancias que os futbolistas e corpo técnico do filial olívico tiveron que sufrir durante a volta da semifinal de ascenso a 2ª división en Elda.

Pero, máis alá da pouca deportividade ou non destes actos, o técnico Claudio Giráldez quixo facer tamén autocritica par analizar a eliminación neste playoff.

"É legal, non? pois entón non hai nada que dicir. Sabiámolo xa dende o remate do encontro de ida, que este partido sería moi diferente. Vai servir de aprendizaxe para os rapaces e tamén para o corpo técnico. Estivemos demasiado tempo en corpo baixo cando houbo que defender e nunca puidemos atopar a comodidade. Logo nese fútbol de perdas de tempo e outras situacións, non soubemos interpretalo e eles foron mellores. O certo é que se xogou pouco tempo e cando se fixo non o aproveitamos. Permitiron balóns sen hinchar, é unha maneira distinta de competir, pero non pode haber excusas. Foi unha eliminatoria moi diferenciada. Na ida quedamos curtos de resultado".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade