Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno aproba axudas á frota de 302.000 euros pola fin do acordo con Marrocos

O Goberno aproba axudas á frota de 302.000 euros pola fin do acordo con Marrocos

Beneficiaranse once barcos, sete de Andalucía e catro de Canarias

O Goberno buscará vías para que as axudas cheguen a todos os barcos que faenaban de forma significativa en augas de Marrocos

Planas: "Vai ser un día histórico en Vigo para a pesca da Unión Europea"

G24.gal 17/07/2023 10:41 Última actualización 17/07/2023 16:10

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou hoxe as axudas por valor de 302.000 euros aos pescadores e armadores pola paralización da actividade tras a fin do acordo de pesca entre a Unión Europea (UE) e Marrocos, das que se beneficiarán once barcos: sete de Andalucía e catro de Canarias.

Destas axudas, 120.000 euros van destinarse aos armadores e 182.000 aos tripulantes, cofinanciadas nun 50 % por fondos da Unión Europea (UE), para o período comprendido entre o 18 de xullo e o 30 de setembro de 2023.

España logrou 92 das 128 licenzas para pescar en augas marroquís en virtude do acordo que caduca este luns, pero só 21 barcos solicitaron licenza en 2021 e 2022 ou en 2023, segundo precisaron fontes do MAPA.

"Os barcos que traballan no caladoiro son 21, nos últimos tres anos, cun mínimo de 20 días de actividade, e van ter achegas. Eu son optimista, fai falla un acordo dende o punto de vista estratéxico, é necesario un acordo entre España e Marrocos, houbo períodos de suspensión no pasado, incluso de varios anos, non estamos nesa situación, hai boas relacións bilaterais", segundo o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación Luis Planas.

Once barcos cumpren co requisito fixado pola Comisión Europea de non recibir máis de 180 días de axuda por parada temporal entre 2014 e 2023.

O tope de achegas é o establecido na anterior programación orzamentaria dos fondos pesqueiros (2014-2023) do antigo Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro (FEMP).

"O Goberno estuda axudas de Estado para compensar máis barcos afectados pola fin do acordo, entre eles seis de Andalucía, que pescaron máis de 20 días entre 2021 e 2023 pero percibiron xa o tope de axuda por parada, con cargo a fondos europeos, de 180 días", segundo fontes ministeriais.

O acordo pesqueiro entre a UE e Marrocos é o de maior valor político para España, e o seu futuro depende dunha sentenza do Tribunal de Xustiza comunitario, sobre un recurso contra outro ditame dos xuíces comunitarios, que en 2021 o anularon por non ter en conta os intereses do Sáhara occidental. 

En Galicia son seis os barcos de altura que están a traballar con licenzas ao amparo do acordo con Marrocos. Desde a Xunta e a patronal demandan a axilización das negociacións e axudas para os afectados.

Para Alfonso Villares, conselleiro do Mar, "o que temos que pedirlle ao Goberno de España é que urxentemente volva establecer outro marco para que os nosos pescadores, os nosos barcos poidan seguir pescando neses caladoiros". 

 Javier Touza, presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo pediu ao Ministerio que "hai que buscar caladoiros alternativos e segundo que tiene que haber compensaciones para as empresas e compensacións para os traballadores, e o antes posible."

A máis afectada é a frota andaluza do Atlántico, con embarcacións artesanais que manteñen como porto de operacións o mesmo que teñen de base, principalmente o de Barbate, donde protestaban hoxe. Estiman que está paralización afectará a 15 embarcacións deste porto gaditano, que dan emprego a unhas 300 familias.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade