Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comisan máis de 14 toneladas de sardiña con documentación irregular en Ribeira

Comisan máis de 14 toneladas de sardiña con documentación irregular en Ribeira

Levantáronse actas de denuncia contra o transportista, a empresa responsable do transporte e os dous pesqueiros implicados por presuntas infraccións á Lei de pesca de Galicia

G24.gal 09/08/2024 09:52

O Servizo Marítimo Provincial (SEMAR) da Garda Civil da Coruña comisou un total de 14.867 quilogramos de sardiña no Porto de Ribeira, tras detectar documentación irregular.

Os feitos sucederon cando os axentes atopábanse realizando un control rutineiro no porto de Ribeira, onde inspeccionaron un camión que entraba ás instalacións portuarias cargando 31 palés de sardiña.

Durante a revisión atopáronse discrepancias significativas entre a documentación de transporte presentada e a mercadoría real transportada. Ante estas irregularidades, procedeuse a pesar e verificar a carga na Lonxa, en colaboración co responsable da empresa transportista.

Como resultado desta verificación, constatouse que 14.867 quilos de sardiña carecían da rastrexabilidade requirida pola normativa, e determinouse que esta mercadoría procedía do porto de Cambados, e fora descargada por dous pesqueiros.

Por estes feitos, a Garda Civil procedeu ao comiso inmediato da mercadoría. Este produto será entregado ao Banco de Alimentos Rías Altas da Coruña, co obxectivo de asegurar o seu destino benéfico.

Ademais, levantáronse actas de denuncia contra o transportista, a empresa responsable do transporte e os dous pesqueiros implicados, por presuntas infraccións á Lei de pesca de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade