Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno central ten que decidir se acepta o incremento do 8 % que propoñen as concesionarias das autestradas

O Goberno central ten que decidir se acepta o incremento do 8 % que propoñen as concesionarias das autestradas

En caso de non subir as tarifas nesta porcentaxe, as concesionarias piden ao Ministerio de Transportes mecanismos de compensación

G24.gal 20/12/2022 14:42

As concesionarias fixeron as súas contas en base ao IPC, que deron como resultado a segunda maior suba da historia nas autoestradas. Agora correspóndelle ao Ministerio de Transportes publicar no BOE unha resolución coa revisión das tarifas antes de que remate o ano. 

Se o Goberno central non toma medidas a partir do 1 de xaneiro, pagaremos un 8,4 por cento máis nas peaxes das autoestradas, que no caso da AP-9 en Galicia será un 9,4 por cento polas obras da ponte de Rande. 

Xunto aos empresarios os 22.400 usuarios que circulan a diario pola AP-9 agardan que o Goberno poña en marcha mecanismo para minimizar o impacto sobre os condutores.

No caso de que o Goberno central non aplique a suba as concesionarias piden ao ministerio que os compense economicamente a exercicio vencido en función dos tráficos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade