Golazo de Dalisson para un Pontevedra que empata no campo do Cayón
Golazo de Dalisson para un Pontevedra que empata no campo do Cayón
O rival adiantouse e acabou aguantando malia xogar con nove os últimos minutos
O Pontevedra sacou un punto do campo do Cayón (1-1) nun partido en que perdeu unha boa oportunidade para lograr o primeiro triunfo da temporada como visitante.
O equipo cántabro sorprendeu nos primeiros minutos co tanto de Javier Turrado, nun disparo que desviou un defensa pontevedrés. Era o minuto nove, e só dez máis tarde empatou o Pontevedra cun sensacional lanzamento desde fóra da área do brasileiro Dalisson.
Os de Yago Iglesias dominaron a situación, gozaron das mellores ocasións pero non tiveron sorte nin acerto diante da porta local. Empregouse con tanta fortaleza o Cayón que viu como o árbitro expulsaba dous xogadores no treito final. Contra nove, buscou o equipo galego á desesperada o gol da vitoria pero o marcador xa non se moveu.