Publicador de contidos
Publicador de contidos

Besteiro súmase á mobilización de Xinzo de Limia por unha sanidade pública digna

Besteiro súmase á mobilización de Xinzo de Limia por unha sanidade pública digna

Denuncian que hai prazas sen cubrir e que nenos son atendidos por médicos de familia

 

G24.gal 30/12/2023 17:13 Última actualización 30/12/2023 21:43

Mobilización en Xinzo de Limia na mañá deste sábado para reclamar un servizo de pediatría digno. Denuncian que hai prazas sen cubrir e que nestes momentos os meniños son atendidos por médicos de familia.

Durante a protesta o candidato socialista á presidencia da Xunta denunciou a mala xestión da sanidade pública que fan os populares. Para Gómez Besteiro a mellora deste servizo pasa por unha xestión dos socialistas.

"É un desmantelamento da atención primaria, o cal provoca ademais que se colapsen as urxencias hospitalarias, é unha falla constante do Partido Popular. Quero reivindicar esa defensa da sanidade pública aquí en Xinzo, pero tamén quero lanzar unha mensaxe de esperanza, de que hai unha forma distinta de traballar", aseguraba José Ramón Gómez Besteiro, dende a mobilización de Xinzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade