González Formoso destaca a aposta do Goberno pola Formación Profesional

O presidente da Deputación da Coruña visitou o IES Rosalía Mera, dependente do organismo provincial

G24.gal 15/11/2023 14:35

O presidente da Deputación da Coruña destaca a especialización que permite a Formación Profesional. Valentín González Formoso visitou co delegado do Goberno en Galicia o IES Rosalía Mera, que depende do organismo provincial. Os dous destacaron a aposta do executivo por este ensino coa aprobación da nova lei e a dotación económica para a FP Dual.

González Formoso dixo que o investimento de 2.000 millóns de euros consolida este modelo educativo que a sociedade demanda: "A grande aposta coa nova Lei de Formación Profesional, beneficia estes centros, os alumnos actuais e do futuro, que van afrontar o reto laboral coas novas especialidades que demanda o mercado".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade