Publicador de contidos
Publicador de contidos

González Formoso evita referirse á presunta implicación de deputados galegos no caso Mediador

González Formoso evita referirse á presunta implicación de deputados galegos no caso Mediador

O secretario xeral do PSdG afirma que o partido ten tolerancia cero coa corrupción

G24.gal 01/03/2023 14:11

O secretario xeral do PSdeG evitou referirse aos deputados socialistas galegos dos que fala o mediador. Valentín González Formoso asegurou que o seu partido ten tolerancia cero coa corrupción e mantén que o PSOE actuou con rapidez expulsando ao deputado canario. 

O parlamentario galego do PSdeG Julio Torrado non cre que haxa socialistas galegos implicados na trama.

 "Se os houbese, xa se coñecería", dixo Torrado.

O caso Mediador xorde dous meses antes das eleccións municipais, en que varios alcaldes xogan a reelección.

Inés Rey asegura que se debe investigar e se hai conduta delituosa, que se inicien os procedementos xudiciais. 

No Partido Popular de Galicia apelan ao secretario xeral dos socialistas galegos. Pídenlle a Valentín González Formoso que abra unha investigación sobre a posible implicación de deputados galegos na trama Mediador.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade