Publicador de contidos
Publicador de contidos

González, sobre a lei de memoria democrática: "Non a vin, pero non me soa ben"

González, sobre a lei de memoria democrática: "Non a vin, pero non me soa ben"

A norma prevé unha comisión técnica de estudo que analizará vulneracións de dereitos humanos ata finais de 1983

G24.gal 05/07/2022 12:59

O expresidente do Goberno Felipe González sinalou este martes que non viu o ditame da Lei de Memoria Democrática aprobado onte polo Congreso dos Deputados, aínda que engadiu que non lle soa ben.

González manifestouse así a preguntas dos xornalistas antes de participar nun encontro na Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) de Santander sobre o futuro de España, no que van tomar parte tamén o resto de expresidentes e no que chamou á unidade das forzas políticas "centrais" e pediu o "esforzo de todos" para superar a situación actual.

A nova lei de memoria democrática segue a tramitación parlamentaria. O texto quedou aprobado na Comisión Constitucional do Congreso co apoio do PNV e Bildu e a abstención de Esquerra. Votaron en contra o PP, Vox e Ciudadanos. A lei levaba tempo aparcada porque o Goberno non vía suficientes apoios para sacala adiante. Pero, finalmente, desbloqueouse despois de pactar varias emedas con Bildu. 

O Goberno aclarou onte, tras a aprobación do ditame, que a Lei de Memoria Democrática só chegará ata o ano 1978, aínda que se constituirá unha comisión técnica de estudo que analizará vulneracións de dereitos humanos a persoas "pola súa loita pola consolidación da democracia" desde 1978 ata finais de 1983.

"Disto do proxecto de lei, non o vin, cando o vexa direilles; pero soarme non me soa ben", respondeu Felipe González ao ser cuestionado sobre ese asunto. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade