Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gonzalo Caballero confirma que se presenta ás primarias do PSdeG

Gonzalo Caballero confirma que se presenta ás primarias do PSdeG

Di que pretende darlle un pulo ao partido logo dos resulados electorais conseguidos nas últimas citas

O outro candidato, José Ramón Gómez Besteiro, descarta un pacto con outros posibles aspirantes ás primarias do PSdeG 

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, dixo que "das primarias vai saír o próximo presidente da Xunta"

G24.gal 10/10/2023 16:29

O deputado e exlíder do PSdeG Gonzalo Caballero confirmou este martes que presentará a súa precandidatura para participar nas primarias da formación para elixir candidato á presidencia da Xunta.

“Estou preparado”, dixo en declaracións aos medios un día despois de que se fixasen as primarias para o vindeiro 29 de outubro.

Con todo, lamentou que o prazo para rexistrar a precandidatura fose unicamente de “45 horas” co que urxe “reactivar” o seu proceso de escoita coas bases do partido. Gonzalo Caballero insistiu en que o seu obxectivo é conseguir que o partido mellore os resultados electorais das últimas citas coas urnas, municipais e xerais, nas que se produciu un claro “retroceso”, segundo a súa análise.

“Presentarei a miña precandidatura para que o partido volva medrar electoralmente como sempre creceu na miña etapa como secretario xeral”, reiterou Caballero.

A súa intención é achegar en positivo á organización “sempre con xenerosidade e lealdade” e lembrou que chegou á política “para servir e non a servirme” porque conta cunha traxectoria profesional e praza de profesor na Universidade de Vigo.

Caballero defendeu que é un “firme defensor do proceso de primarias” e, por iso, quere participar nelas co obxectivo de ser o candidato á Xunta para que o “PSdeG consiga ter máis votos e máis representación”.

O deputado reiterou que é un “militante activo con criterio propio” e rexeitou referirse ao feito de que o actual líder do PSdeG, Valentín González Formoso, comparecese ante José Ramón Gómez Besteiro despois de que o lucense anunciase a súa intención de presentarse ás primarias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade