Gonzalo Caballero: "Ser candidato á Xunta non está agora na miña axenda"
Gonzalo Caballero: "Ser candidato á Xunta non está agora na miña axenda"
Asegura que soubo pola prensa do seu substituto como voceiro socialista no Parlamento
Gonzalo Caballero asegura que vai continuar como deputado no Pazo do Hórreo, "cumprindo" cos "250.000 galegos e galegas que votaron o PSdeG para defender políticas de esquerda e facer oposición ao PP".
No día seguinte á oficialización da súa remuda como voceiro do partido no Parlamento galego, di que vai asumir "as súas responsabilidades" alí onde o poña a súa organización.
Nunha entrevista no espazo Bos Días da Televisión de Galicia, expresou o seu desexo de afrontar os retos de xeito conxunto co novo portavoz Luís Álvarez, malia declarar que soubo da elección pola prensa.
Sobre a posibilidade de loitar nunhas primarias para ser candidato socialista á presidencia da Xunta, non quixo confirmar esa opción porque non está na súa "axenda de prioridades" nestes momentos.