Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gonzalo Caballero retira a súa precandidatura ás primarias do PSdeG

Gonzalo Caballero retira a súa precandidatura ás primarias do PSdeG

Segundo explica, faino por "lealdade" tras constatar que "a dirección e os altos cargos optan por outra candidatura"

G24.gal 15/10/2023 18:24

Gonzalo Caballero anuncia a retirada da súa precandidatura ás primarias do PSdeG tras constatar que "a dirección e os altos cargos do partido optan por outra candidatura" á Presidencia da Xunta.

Segundo explica nun comunicado, faino por "lealdade e responsabilidade ante o cambio político que quero para Galicia" ante a proximidade das eleccións autonómicas.

Logo da convocatoria, o luns 9 de outubro, asegura que continuou co proceso de escoita e contacto coa militancia iniciado en agosto para "fortalecer o PSdeG" tras os retrocesos electorais deste ano.

"Sinto non ter convencido os cadros e o conxunto do partido coas miñas reflexións e chamadas a enderezar o rumbo, mais agora toca facer o mellor para o PSdeG dentro das opcións posibles e no tempo que temos por diante", salienta. 

Caballero agradece "infinitamente" o aval de centos de militantes e a dedicación do seu equipo de primarias.

"Nunca tiven medo a gañar ou perder as primarias, xa as gañei e perdín noutras ocasións, mais tomo esta decisión pensando no mellor para o partido, dadas as circunstancias existentes a escasos meses dunha convocatoria electoral en Galicia". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade