Publicador de contidos
Publicador de contidos

Goretti Sanmartín, do BNG, primeira alcaldesa de Santiago ofrece un concello de portas abertas

Goretti Sanmartín, do BNG, primeira alcaldesa de Santiago ofrece un concello de portas abertas

O goberno local da capital galega contará con 8 edís dos 25 cos que conta a corporación municipal; os seis do BNG e os dous de Compostela Aberta

Os seis concelleiros socialistas apoian o novo goberno pero rexeitaron entrar nun tripartito

 

Goretti Sanmartín do BNG nova alcaldesa de Santiago
G24.gal 17/06/2023 10:56 Última actualización 17/06/2023 21:14

A nacionalista Goretti Sanmartín, do BNG, converteuse este sábado na primeira alcaldesa da capital de Galicia tras recibir os votos na investidura dos seis concelleiros do seu grupo, os dous edís de Compostela Aberta, cos que formará goberno, e outros seis do PSOE, que limita o seu apoio á investidura.

Deste xeito impúxose ao candidato do PP, Borja Verea, a quen lle resultaron insuficientes os once apoios do seu grupo, polo que estará na oposición neste mandato.

O goberno local da capital galega contará con oito edís dos 25 cos que conta a corporación municipal; os seis do BNG e os dous de Compostela Aberta. A concelleira María Rozas, de CA, será vicealcaldesa; á espera de lograr apoios durante o mandato, principalmente, dos seis concelleiros socialistas, que rexeitaron entrar a formar parte dun goberno tripartito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade